Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de decembro de 2020 polo que se notifica acordo de traslado das actuacións informativas ao concello para a adopción de medidas de reposición da legalidade urbanística (expediente LUG/16/2017).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 4 de novembro de 2020, trasladar as obras consistentes na execución dunha construción de planta baixa, de bloque de formigón, con dúas portas metálicas e espazos delimitados por muro e peche metálico, acaroados aos laterais, que está a ser usada como canceira, á Alcaldía do Concello de Lugo para que, no exercicio das súas competencias, adopte todas as medidas necesarias para a protección da legalidade urbanística, segundo o disposto no capítulo III, do título VI, da LSG, situadas no lugar das Campas, no termo municipal de Lugo, na provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Élida Folgueira Varela, mediante o presente anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística