Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de decembro de 2020 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/16/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 3 de novembro de 2020, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de execución dunha edificación con tipoloxía residencial de planta baixa e cuberta a dúas augas e dunha soleira con mesa e bancos de pedra, que conforma un conxunto coas características propias dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situadas no lugar das Campas, no termo municipal de Lugo, na provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Élida Folgueira Varela, mediante o presente anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística