Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos cales non se lles puido efectuar a notificación (expediente 1082/2020).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Á vista de que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a seguir:

Nome do titular catastral

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Parroquia

Nome
do lugar

Dalmiro Alonso Alonso

71

420

36030A071004200000MK

Gargamala

Cavada

Delmiro González Pérez

71

447

36030A071004470000MM

Gargamala

Carballeda

Digna Saa Pérez

71

419

36030A071004190000MD

Gargamala

Cavada Soutiño

José Manuel Enríquez Pregal

80

995

36030A080009950000MH

Gargamala

Soutiño Barro

Manuel Castro Sordera

71

448

36030A071004480000MO

Gargamala

Carballeda

Amalia Soto Costa

25

2205

36030A025022050000ME

Meirol

Pena L

Aquilino Soto González

25

2222

36030A025022220000MP

Meirol

Pena L

Domingo Vázquez Salgado

25

2204

36030A025022040000MJ

Meirol

Ribeira

En investigación

25

2256

36030A025022560000MT

Meirol

Penalonga

Francisco Blanco Martínez

25

1529

36030A025015290000MA

Meirol

Castiñei

Hrdos. de Pregal Rodríguez

25

2257

36030A025022570000MF

Meirol

Pena Longa

José Rodríguez Barral

25

1530

36030A025015300000MH

Meirol

Penalong

Manuel Soto Francisco

25

2229

36030A025022290000MR

Meirol

Penalonga

María Domínguez Tellado

25

1531

36030A025015310000MW

Meirol

Pena Longa

Rosa Soto Vázquez

25

1532

36030A025015320000MA

Meirol

Pena L.

Avelino López Taboas

49

586

36030A049005860000MY

Mondariz

Salgueiral de Arriba

Bautista Taboas Antón

49

384

36030A049003840000ME

Mondariz

Alforado

Carolina Gregores S-S

49

395

36030A049003950000MY

Mondariz

Calzada

Dolores Fontan Fuentes

49

375

36030A049003750000MK

Mondariz

Pedras

En investigación

49

328

36030A049003280000MY

Mondariz

Cabada

En investigación

49

373

36030A049003730000MM

Mondariz

Pedras

En investigación

 

 

5259054NG4755N0001MR

Mondariz

CN Muíño de Luis

Hros. de Carmen Mariño Faro

49

369

36030A049003690000MF

Mondariz

Pedras

Isabel Bernárdez Bernárdez

49

370

36030A049003700000ML

Mondariz

Pedras

José Alfaya Iglesias

49

367

36030A049003670000ML

Mondariz

Cav. Boval

José Fortes Bernárdez

49

382

36030A049003820000MI

Mondariz

Alforado

Mª Dolores Fortes Ibáñez

49

387

36030A049003870000MU

Mondariz

Calzada

Purificación Rivas Leiro

42

236

36030A042002360000MA

Mondariz

Fraga Barcia

Rosa Bernárdez Lorenzo

49

374

36030A049003740000MO

Mondariz

Pedras

Serafín Taboas Bernárdez

49

383

36030A049003830000MJ

Mondariz

Alforado

Álvaro Lorenzo-Fariña Domínguez

57

598

36030A057005980000MQ

Riofrío

Bouzaban

Armindo Antela Veiga

56

830

36030A056008300000MI

Riofrío

Peniza

Carmen Barros Rivas

57

490

36030A057004900000MJ

Riofrío

Eido Dariba

Casiano Barros Martínez

71

2283

36030A071022830000MA

Riofrío

Piñeiros

En investigación

71

2284

36030A071022840000MB

Riofrío

Piñeiros

Francisco García Pino

56

812

36030A056008120000MG

Riofrío

Pardal

Laura Veiga Martínez

56

825

36030A056008250000MD

Riofrío

Penizas

Manuel Alfonso Melón

56

380

36030A056003800000MR

Riofrío

S. Miguel

Secundina Otero Barcia

54

1401

36030A054014010000MJ

Vilar

Vesadas

Isolina Estévez Rodríguez

65

267

36030A065002670000MR

Vilar

Orgo B.

En virtude do que antecede, comunícase que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referida parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, disponse dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de que persista o incumprimento, o concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de terreos, xestión de biomasa forestal e das distancias de plantación para a prevención e a defensa contra incendios forestais do concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018) para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves ao pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter.2 desta lei:

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optarse por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal; podendo entón os interesados interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Mondariz, 4 de decembro de 2020

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde