Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (436/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 436/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Manuel Arias López contra Ministerio Fiscal, Fogasa, Rutas y Entregas, S.L., Adon Reparte, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución onde consta o seguinte:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Luis Manuel Arias López fronte ás empresas Rutas y Entregas, S.L., Adon Reparte, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e do Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Rutas y Entregas, S.L. ao traballador.

– Absólvese a Adon Reparte, S.L. das pretensións fronte a el dirixidas.

– Condénase a empresa Rutas y Entregas, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 2.807,81 euros. O aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 48,62 euros diarios.

– Condénase a Rutas y Entregas, S.L. a aboar a Luis Manuel Arias López a cantidade de mil catrocentos setenta e oito euros con setenta céntimos de euro (1.478,70 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social. ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. A presente sentenza leuna e publicouna o xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, en audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rutas y Entregas, S.L., Adon Reparte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza