Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 430/2017).

PO. Procedemento ordinario 430/2017

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: María Isabel López Mosteiro

Avogada: María José Liste López

Demandados: Padín Monserda, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 430/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel López Mosteiro contra a empresa Padín Monserda, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de novembro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña e o seu partido, estes autos 430/2017, seguidos por instancia de Isabel López Mosteiro, asistida pola letrada Sra. Liste López, contra Padín Monserda, S.A. e o Fogasa.

Resolvo:

Estímase a demanda presentada por instancia de María Isabel López Mosteiro e, en consecuencia, condeno a demandada a abonar á demandante a cantidade total de 4.796,41 euros como cantidades debidas máis os xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles ás partes esta resolución.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o pronuncia, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Padín Monserda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza