Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de decembro de 2020 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 145/2020 no expediente de reposición da legalidade COR/175/2017-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario 380/2020, interposto por Antonio Manuel Torrado Fernández contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 17 de xullo de 2020, interposto contra outra do 23 de outubro de 2019, expediente COR/175/2017-RP1, pola que declara que as obras de construción con tipoloxía de uso residencial de planta baixa e unha pérgola sobre pavimento de formigón, na parcela coa referencia catastral 15011A06006600000XO, no lugar de Sofrena, parroquia de Abanqueiro, concello de Boiro, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado) emprázase a Davinia Torrado Fernández para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística