Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0016/2020-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0016/2020-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, nº 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Celeiro, 3 de decembro de 2020

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-LU-0016/2020-PPM

76413516H

Resolución

R/ Huertas, 9, Cedeira

PSC-LU-0042/2020-PRE

Y5596844S

Resolución

Barrio Villaverde, 4, Vilamor, Mondoñedo

PSC-LU-0043/2020-PRE

Y1013357Z

Resolución

Barrio Villaverde, 5, Vilamor, Mondoñedo