Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49774

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 16 de decembro de 2020 pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes previsto na Orde do 18 de novembro de 2020 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (codigo de procedemento MR364A).

A Orde do 18 de novembro de 2020 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo Instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR364A), establece no número 8 do seu artigo 6 que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e que implica que finalizará o día 21 de decembro de 2020.

Ante a complexidade da posta en marcha deste novo instrumento financeiro, que require a participación coordinada da Consellería do Medio Rural xunto co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria e as entidades financeiras, considérase necesario ampliar o dito prazo.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do prazo de solicitude da axuda

Amplíase ata o día 30 de decembro de 2020 (incluído) o prazo de presentación das solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural