Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 254 Venres, 18 de decembro de 2020 Páx. 49776

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade da prórroga da encomenda de servizos a Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á prórroga da encomenda de xestión, coas seguintes características:

Resolución do 26 de novembro de 2020, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se aproba prorrogar a encomenda ao medio propio Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. para a realización de traballos técnicos.

– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura da encomenda consistirán en traballos de apoio técnico á Axencia Galega de Infraestruturas no desenvolvemento daquelas tarefas en que a experiencia acumulada por Xestur na execución de obras permita complementar o traballo do persoal da mencionada axencia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a empresa Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo da prórroga: 12 meses.

– Modalidade de financiamento: a prórroga da encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2021, aplicación orzamentaria 08.A1.512B.640.1.

– Orzamento: 57.592,35 €.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas