Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 26 de novembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Desteriz, a favor dos/das veciños/as de Desteriz, no concello de Padrenda.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 2 de setembro de 2020, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Desteriz, a favor dos/das veciños/as de Desteriz, no concello de Padrenda (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 4 de xullo de 2017 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de José Rodríguez Sousa, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Desteriz.

Segundo. Con data do 6 de novembro de 2019, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. O Servizo de Montes informou con data do 24 de xullo de 2020 que houbo dous erros no acordo de inicio publicado no DOG do 7 de abril de 2020: respecto dos lindeiros, polo leste e sur habería que substituír a parcela 45 pola 41, e polo oeste habería que engadir a parcela 9001 (estrada OU-410).

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Desteriz.

Superficie: 3.220 m2.

Pertenza: veciños/as de Desteriz.

Concello: Padrenda.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Zona 1: integrada, en base a datos da oficina virtual do catastro, por catro parcelas:

000805800NG66F0001FH: clase urbana e uso industrial, cunha superficie de 176 m2.

32057A013007220000QM: clase rústica e uso agrario, cunha superficie de 170 m2.

32057A013007210000QF: clase rústica e uso agrario de 329 m2.

000806000NG66F0001TH: clase urbana e uso residencial, cunha superficie de 216 m2.

A superficie total que se vai clasificar na zona 1 é de 891 m2.

No seguinte cadro indícanse as parcelas que compoñen a zona 1 cos seus lindeiros:

Parcelas que se van clasificar

Lindeiros

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Superficie (m2)

Zona 1

000805800NG66F0001FH

176

Norte

9008 (camiño)

13

32057A013007220000QM

170

Leste

587, 577

32057A013007210000QF

329

Sur

723, 9008, 586, 585, 700

000806000NG66F0001TH

216

Oeste

720, 704

891 m2

Zona 2: segundo datos da oficina virtual de catastro comprendería:

A parcela 182 do polígono 35 (referencia catastral: 32057A035001820000QL), clase rústica e uso agrario cunha superticie de 1.277 m2.

Parte da parcela con referencia catastral 001805700NG66F: 52 m2, clase urbana, uso comercial e identificada coa referencia 001805700NG66F0001JH.

A superficie total que se vai clasificar na zona 2 é de 2.329 m2.

No seguinte cadro indícanse as parcelas que conforman a zona 2 cos seus lindeiros:

Parcelas que se van clasificar

Lindeiros

Parcela

Polígono

Referencia catastral

Superficie (m2)

Zona 2

32057A035001820000QL

1.277

Norte

9001 (estrada OU-410) e 001301100NG66F (parcela catastral con varios inmobles)

35

001805700NG66F0001JH

52

Leste e sur

41, 193, 192, 191, 190, 189, 188 e 187

Oeste

9001 (estrada OU-410) e 001805700NG66F (parte)

2.329 m2

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da sala contencioso-administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Desteriz, a favor dos/das veciños/as de Desteriz, no concello de Padrenda (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de novembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense