Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49119

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 59/2018 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 59/2018 por instancia de Yanoxi Tejera Fariñas contra Cotemac, S.L. e o Fogasa sobre PO, nos cales foi pronunciada sentenza no 18 de novembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda formulada por Yanoxi Tejera Fariñas contra a empresa Cotemac, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Cotemac, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de sete mil trescentos setenta e dous euros con oitenta e sete céntimos de euro (7.372,87 euros), conceptos salariais que producen o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cotemac, S.L., expido e asino este edicto

A Coruña, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza