Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49156

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cortizo, S. Coop. Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio domicilio social), da entidade Cortizo, S. Coop. Galega, acordada na Asemblea xeral do 22 de setembro de 2020, por unanimidade. Consta como novo domicilio social no Barrio Oural, 7, Fornelos da Ribeira, do concello de Salvaterra de Miño provincia de Pontevedra,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio domicilio social), da entidade Cortizo, S. Coop.Galega.

Vigo, 26 de novembro de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.S. (Artigo 62.3 do Decreto 135/2017, do 28 decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa