Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49157

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 30 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 2018/63.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social (seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de prema, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2018/63 (acta de infracción I272018000014607).

Data da resolución: 17 de novembro de 2020.

Empresa: Panayotov Duchev, Ivaylo.

Enderezo: rúa Regueiriño, 10, 2º, 36500 Lalín (Pontevedra).

Lugo, 30 de novembro de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo