Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 15 de decembro de 2020 Páx. 49152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2020/1759279.

Data: 13.9.2020.

Solicitante: CMVMC do Viso.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Tuimil-O Viso.

Concello: Redondela.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 60311/RX1869364.

Data: 29.9.2020.

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 60312/RX1869365.

Data: 29.9.2020.

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 60313/RX1869366.

Data: 29.9.2020.

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 60314/RX1869367.

Data: 29.9.2020.

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 60315/RX1869368.

Data: 29.9.2020.

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 60316/RX1869369.

Data: 29.9.2020.

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 60317/RX1869370.

Data: 29.9.2020

Solicitante: María Aurea Barreiro Ferreiro.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Outeiro de Rei.

Concello: Outeiro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2020/2004524.

Data: 19.10.2020.

Solicitante: Pilar Estévez Muñoz.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Rebordáns.

Concello: Tui.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2020/2072244.

Data: 28.10.2020.

Solicitante: CMVMC das Eiras.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: As Eiras.

Concello: O Rosal.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2020/2103894.

Data: 2.11.2020.

Solicitante: Concello de Oza-Cesuras.

Especie: Quercus suber L.

Localidade: Mondoi.

Concello: Oza-Cesuras.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública da solicitude de catalogación mencionada neste anuncio, e a documentación presentada xunto a ela, durante un prazo de vinte días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2020

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural