Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48757

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tentada a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, esta resultou imposible, polo que se lles comunica ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Expediente

DNI

Ref. catastral

Localización

Hectáreas

Liquidación provisional

541/2020/1001

G15077225

001101300NJ40B

Visma (San Pedro)

0,1394

235,43 €

541/2020/1002

32785989H 32440723M

15900A01300003

Visma (San Pedro)

0,0385

65,02 €

541/2020/1003

34894350S 53301249Z

15900A01300028

Visma (San Pedro)

0,0509

85,96 €

541/2020/1005

32384899W

15900A01300084

Visma (San Pedro)

0,0776

131,06 €

541/2020/1006

32338497Z

15900A01300094

Visma (San Pedro)

0,4029

680,45 €

541/2020/1013

32113048B

15900A01400163

Visma (San Pedro)

0,0432

72,96 €

541/2020/1013

32113048B

15900A01400613

Visma (San Pedro)

0,0432

72,96 €

541/2020/1020

32161388M

15900A01400363

Visma (San Pedro)

0,3691

623,37 €

541/2020/1020

32161388M

15900A01400367

Visma (San Pedro)

0,3691

623,37 €

541/2020/1022

32124141H

15900A01400395

Visma (San Pedro)

0,0265

44,76 €

541/2020/1023

32350342Z 32284250R

15900A01400406

Visma (San Pedro)

0,0432

72,96 €

541/2020/1033

32362587T

4924306NJ4042N

Visma (San Pedro)

0,0721

121,77 €

541/2020/1037

32121407K

5227410NJ4052N

Visma (San Pedro)

0,3531

596,35 €

541/2020/1039

32113882V

6122601NJ4062S

Visma (San Pedro)

0,0805

135,96 €

541/2020/1040

32239625L

6122629NJ4062S

Visma (San Pedro)

0,0281

47,46 €

541/2020/1042

61233809N

6122635NJ4062S

Visma (San Pedro)

0,0329

55,56 €

541/2020/1044

32294821S

6122641NJ4062S

Visma (San Pedro)

0,0329

55,56 €

541/2020/1047

B15328933

5224437NJ4052S

Visma (San Pedro)

0,0278

46,95 €

1. En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ao tratarse de parcelas incluídas no ámbito da parroquia priorizada de San Pedro de Visma, entenderase voluntariamente cumprida a obrigación de xestión da biomasa cando, con anterioridade á finalización do prazo sinalado no parágrafo anterior, a persoa responsable subscriba o contrato de xestión da biomasa con Seaga, recollido no anexo III do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias (DOG nº 156, do 17 de agosto de 2018), e deberase comunicar a este concello dentro do dito prazo.

2. Se, transcorrido o prazo sinalado anteriormente, as persoas responsables non xestionaron voluntariamente a biomasa, o Concello da Coruña, a través do convenio de colaboración citado, procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada. Para iso, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a xestión da biomasa, referenciados para cada unha das parcelas nas táboas anteriores, con advertencia expresa de que se procederá á súa exacción inmediata, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos.

O anterior, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento terá a obrigación legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas.

O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, salvo nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3. Respecto ao procedemento sancionador que se iniciará en caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e segundo previsto no título VII da Lei 3/2007, infórmase do seguinte:

A. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007).

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción, ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados, será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderá á persoa titular da Alcaldía, e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21 ter 2 da Lei 3/2007.

B. Cualificación da infracción: infracción leve (art. 51.3.a) da Lei 3/2007), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

C. Contía máxima da sanción pecuniaria que se podería impoñer en caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). En caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74. b) da Lei 43/2003).

D. Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Coruña, 25 de novembro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Delegación do 26 de xuño de 2019, publicada no BOP do 3 de xullo de 2019)
Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente