De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes sancionadores.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, Consellería de Emprego e Igualdade, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Advírteselles que, de non interpoñeren recurso en tempo e forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:
- Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do día 20 do mes seguinte da notificación.
- Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do día 5 do segundo mes seguinte á notificación.
De non o faceren así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
A Coruña, 30 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
ANEXO
Expediente |
Acta inf. nº |
Empresa |
NIF |
Concello |
Materia |
Data da resolución |
RL 2020/0151-1 |
I152020000021918 |
Jesús Chans Cao |
***6564** |
Fonteculler |
Seguridade e saúde |
9.11.2020 |
RL 2020/0156-1 |
I152020000027776 |
Feca-Neón Reformas y Servicios, S.L. |
B70600572 |
A Coruña |
Obstrución |
9.11.2020 |
RL 2020/0196-1 |
I152020000040510 |
Brand Buis Galicia, S.L. |
B70541784 |
A Coruña |
Seguridade e saúde |
22.11.2020 |