Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 26 de novembro de 2020, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00545-O-2020 e un máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00545-O-2020 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmanselles de que os expedientes sancionadores se encontran á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 26 de novembro de 2020

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF

denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00545-O-2020

PO-5903-AG

71449755W

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante

8.3.2020; 17.48.00; A-52; saída 120,0

Artigo 141.25 en relación co 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

OU-00848-O-2020

7564-HFJ

35638175C

Exceso de peso superior ao 5 %.

13.10.2020; 17.51.00; A-52; 247,0

Artigo 142.2 da LOTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

301 euros