Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 11 de decembro de 2020 Páx. 48741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 24 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020130TACO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2020130TACO incoado a 54941572T.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 24 de novembro de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2020130TACO.

DNI/NIF/CIF: 54941572T.

Último enderezo coñecido: San Roque de Afóra, 19-2º, 15005 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.