De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Gandaría da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Lugo, 25 de novembro de 2020
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento: notificación do trámite de audiencia para a baixa da explotación equina número ES270280303801.
Persoa interesada: 33541069P.
Acto notificado: trámite de audiencia.