Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Xoves, 10 de decembro de 2020 Páx. 48460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 30 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican os actos administrativos ditados na Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020, procedemento BS410A (expediente 2020-00000218-00 e doce máis).

Ante a imposibilidade de notificación persoal ás persoas interesadas que se relacionan no anexo I, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cítanse para notificarlles por comparecencia os requirimentos de emenda e mellora das súas solicitudes, relativas á Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión de prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 (DOG núm. 12, do 20.1.2020).

No prazo máximo de 10 días contados desde o día seguinte á data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, as persoas que figuran no anexo I terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora das solicitudes de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A comparecencia realizarase das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono 981 95 77 81).

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non facer a emenda no prazo establecido no requirimento, se terán por desistidas das solicitudes logo das resolucións ditadas ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2020

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO I

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación (procedemento BS410A)

Núm. identificación

Núm. expediente

Acto que se notifica e data

Documentación que hai
que presentar

35575257F

BS410A-2020-00000218-00

Requirimento do 28.5.2020

D.2

36173886S

BS410A-2020-00000365-00

Requirimento do 8.6.2020

D.7

71046806J

BS410A-2020-00000463-00

Requirimento do 2.7.2020

D.7

35580684Y

BS410A-2020-00000654-00

Requirimento do 22.6.2020

D.2

AVI34560

BS410A-2010-00000697-00

Requirimento do 26.8.2020

D.3, D.4

X8882399Y

BS410A-2020-00000723-00

Requirimento do 3.7.2020

D.1, D.5 e D.7

X1917108N

BS410A-2020-00000779-00

Requirimento do 14.7.2020

D.7

79330273F

BS410A-2020-00000793-00

Requirimento do 23.6.2020

D.7

Y7068460E

BS410A-2020-00000858-00

Requirimento do 26.6.2020

D5, D.7

78791033W

BS410A-2020-00000961-00

Requirimento do 4.7.2020

D.7

77420008F

BS410A-2020-00001159-00

Requirimento do 3.7.2020

D.7

52864369L

BS410A-2020-00000240-00

Requirimento do 8.6.2020

D.7

55168591D

BS410A-2020-00000402-00

Requirimento do 8.6.2020

D.4

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Anexo I debidamente cuberto e asinado pola persoa solicitante da axuda.

D.2

Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante da axuda.

D.3

Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante da axuda.

D.4

Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante da axuda.

D.5

Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil para os efectos de acreditar a data de nacemento e a orde que ocupa a filla ou o fillo na descendencia da persoa solicitante.

D.6

Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso. De non dispoñer da documentación anterior: anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante e xustificante de empadroamento desta.

D.7

Xustificante de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar. No suposto de que a persoa proxenitora que non apareza como solicitante non estea no empadroamento conxunto, deberá achegarse tamén o seu xustificante de empadroamento individual.

D.8

Xustificante de empadroamento da persoa proxenitora que non apareza como solicitante.

D.9

Certificación bancaria ou copia da cartilla bancaria en que figure como titular a persoa que asina a solicitude e onde conste o código internacional de conta bancaria (IBAN).

D.10

Xustificante de empadroamento do/dos/da/das fillo/s ou filla/s polos que solicita a axuda.

D.11

Certificado emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria de que a persoa cónxuxe ou parella de feito, ou persoa con relación análoga, non estivo obrigada a presentar a declaración polo IRPF correspondente ao ano 2016, nin a presentou de xeito voluntario aínda sen estar obrigada a iso.