Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48184

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO de notificación de resolución (1060/2019).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, anuncio que no xuízo ordinario seguido neste Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense co número 1060/2019, por instancia de Santander Consumer EFC, S.A. contra Dolores da Silva Estévez, Marinho Seoane Inversiones, S.L., foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Acoller a demanda presentada polo procurador Sr. Enríquez Naharro, no nome e representación de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., con CIF A79082244, contra Marinho Seoane Inversiones, S.L., con CIF B32457293 e Dolores da Silva Estévez, con DNI 76747604P en calidade de fiadora solidaria, e, en consecuencia debo condenar e condeno Marinho Seoane Inversiones, S.L., con CIF B2457293 e Dolores da Silva Estévez con DNI 76747604P, a aboar á entidade demandante o importe de vinte e oito mil quiñentos cincuenta e oito euros con sete céntimos de euro (28.558.07 €), contía a que se aplicarán os xuros moratorios desde o día seguinte á falta de pagamento de cada unha das cotas non aboadas e os xuros procesuais desde a presente resolución. Con imposición de custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes instruíndoas do seu dereito a formularen contra ela recurso de apelación, no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, para resolver ante a Audiencia Provincial de Ourense, recurso que deberá presentarse como indican os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Para interpor o recurso será necesaria a constitución dun depósito de 50 euros, requisito sen o cal non será admitido a trámite. O depósito constituirase consignando o devandito importe na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta na entidade Banesto (Banco Español de Crédito), consignación que deberá ser acreditada ao interpor o recurso (DA 15ª da LOPX).

Están exentos de constituír o depósito para recorrer os incluídos no número 5 da disposición citada.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así o pronuncio, mando e asino».

E encontrándose as demandadas Dolores da Silva Estévez e Marinho Seoane Inversiones, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 23 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza