Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 585/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Ramón Varela Graña, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 585/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Gialak Transportes, S.L., Sebas, S.C., María Dolores Otero Framil, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 10 de decembro de 2020, ás 10.50 horas, na planta segunda (oficina xudicial) para a realización do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e o día 10 de decembro de 2020, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín, para, de ser o caso, realizar o acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que a demanda e demais documentos quedan á súa disposición na Secretaría deste xulgado.

Prevencións legais:

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, dado que este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (art. 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que tente valerse (art. 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que se practicar nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (art. 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

– Interrogatorio dos legais representantes de Gialak Transportes, S.L., José Alonso Seoane, María Dolores Otero Framil, José Ramón Rodeiro Camino, Sebas, S.C.

A achega con 10 días de antelación ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

– Os contratos do reclamante e as nóminas de 2020.

– O rexistro de xornada.

– Carta de despedimento orixinal e asinada pola empresa.

– Certificado de empresa

Advírteselle que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán estimarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (art. 94.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (art. 155.5, parágrafo 1º da LAC), facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados, e de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca (art. 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a sumisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

8º. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Gialak Transoprtes, S.L., Sebas, S.C., María Dolores Otero Framil, expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza