Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 7 de decembro de 2020 Páx. 48202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 24 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN661A 2018/1-1, no concello de Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico de Corme, no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 24 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2018/1-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico de Corme.

Concello: Ponteceso.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data ocupación

90

Ponteceso

Josefa Torrado Baña

13.11.2020

159

Ponteceso

Ramón Canto Martínez

13.11.2020

349

Ponteceso

Josefa Souto Chans

13.11.2020