Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48042

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 26 novembro de 2020 pola que se nomea persoal funcionario de carreira na escala de xestión, subgrupo A2.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso na escala de xestión, subgrupo A2, da Universidade de Vigo, pola quenda de promoción interna, convocado pola Resolución do 19 de xuño de 2019 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), verificado o cumprimento dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria e de conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, esta reitoría

resolve:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira da escala de xestión da Universidade de Vigo, subgrupo A2, as persoas aspirantes que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida no proceso selectivo. Consonte o previsto nas bases da convocatoria, os destinos adxudicados serán os mesmos que posúan no data da toma de posesión.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 60.d) e e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, deberán prestar acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como de compromiso de exercer con imparcialidade as súas funcións, e tomar posesión dos seus destinos no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, para tomar posesión o persoal nomeado deberá realizar declaración expresa ou realizar a opción prevista na devandita lei.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 26 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Orde

Nome

DNI

1

Javier Novas Míguez

***1245**

2

Alejandro Martínez Gómez

***0915**

3

María Begoña López Pérez

***0304**

4

Noelia María Rivera Vázquez

***1463**

5

Óscar Veloso Fernández

***4920**

6

Cristina Vázquez Pérez

***1337**

7

José Antonio de la Cruz Rodríguez

***1345**

8

Inés Elvira Morais Fontenla

***6493**

9

María Fernanda Rivas Suanzes

***8232**

10

Manuel Valebona Refojos

***0431**

11

Mónica de Pascual Serrano

***1806**

12

María del Carmen Losada Páez

***9802**

13

María Henar Quintas Salgado

***0485**