Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47838

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1001/2017-MA).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1001/2017 por instancia de Sergio Gurdiel Ferreiro contra Iberian Soul, S.L., sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou Sentenza do 3 de novembro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Sergio Gurdiel Ferreiro fronte á empresa Iberian Soul, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Iberian Soul, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de dous mil trescentos oitenta e nove euros con noventa e seis céntimos de euro (2.389,96 euros), e os conceptos salariais xerarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación na forma á empresa Iberian Soul, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza