Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 3 de decembro de 2020 Páx. 47727

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 200/2020, do 20 de novembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Rois de varias franxas de dominio público viario e varios treitos antigos nas estradas AC-301 e AC-543.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Rois solicita á Axencia Galega de Infraestruturas o cambio de titularidade de varios treitos antigos das estradas autonómicas AC-301 e AC-543, así como a cesión de titularidade dos terreos sobrantes de dominio público viario nas estradas AC-301 e AC-543 ao seu paso polo termo municipal.

O Concello de Rois é atravesado polas estradas de titularidade autonómica AC-300, AC-301, AC-308, AC-543 e CG-1.5. A estrada AC-543 (Vidán (rotonda de Brandía)-
Noia (AC-550) pertence á rede primaria básica da Xunta de Galicia, posúe 31,12 km de lonxitude e discorre polo Concello de Rois entre os puntos quilométricos 13+070 e 21+140. Conta con numerosos treitos antigos orixinados polas obras de mellora e acondicionamento desta estrada.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, identifica os treitos antigos da estrada autonómica AC-543 os cales carecen de funcionalidade dentro da Raega, asi como tamén indica que os identificados como sobrelargos non se consideran transferibles por carecer de entidade, estar fóra de solo urbano ou non estar ordenados. Polo tanto considerase viable o cambio de titularidade dos treitos antigos e franxas de dominio público viario, agás calzada e beiravías, da estrada autonómica AC-543, así como os treitos antigos da estrada AC-543 que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de novembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Rois das seguintes franxas de dominio público viario e dos seguintes treitos antigos:

Denominación

P.Q.i da AC-543

Coordenadas UTM (ETRS89)

P.Q.f da AC-543

Coordenadas UTM (ETRS89)

Marxe

Lonx. (m)

Treito antigo 1

13+670

X=523.421 Y=4.742.292

13+740

X=523.356 Y=4.742.263

ME

79

Treito antigo 2

13+780

X=523.312 Y=4.742.279

13+940

X=523.196 Y=4.742.366

MD

146

Treito antigo 4

14+940

X=522.414 Y=4.742.560

15+010

X=522.344 Y=4.742.512

MD

90

Treito antigo 5

15+900

X=521.688 Y=4.742.029

16+000

X=521.607 Y=4.741.963

MD

107

Treito antigo 6

17+730

X=520.346 Y=4.741.180

17+810

X=520.338 Y=4.741.108

ME

81

Treito antigo 7

19+800

X=519.087 Y=4.740.053

19+950

X=518.944 Y=4.740.086

MD

164

Treito antigo 8

20+370

X=518.536 Y=4.740.051

20+550

X=518.375 Y=4.740.068

MD

170

Ramal de acceso

14+050

X=523.149 Y=4.742.462

14+140

X=523.137 Y=4.742.542

ME

82

Franxa de DP na ME da travesía de Urdilde que abarca a zona de aparcamento a beirarrúa e o terreo restante ata o límite de expropiación. Excluídos calzada e beiravía

15+230

X=522.172 Y=4.742.388

16+000

X=521.611 Y=4.741.956

ME

-

Franxa de DP na MD da travesía de Urdilde que abarca a zona de aparcamento, a beirarrúa e o terreo restante ata o límite de expropiación. Excluídos calzada e beiravía

15+230

X=522.172 Y=4.742.388

15+900

X=521.692 Y=4.742.026

MD

-

Franxa de DP na ME que abarca a beirarrúa que une o núcleo de Urdilde co CEIP Pumar-Urdilde e o terreo restante ata o límite de expropiación. Excluídos calzada, beiravía e barreira metálica

16+000

X=521.611 Y=4.741.956

16+260

X=521.448 Y=4.741.773

ME

-

Franxa de DP na ME que abarca o aparcamento e a beirarrúa. Excluídos calzada e beiravía

16+260

X=521.448 Y=4.741.773

16+370

X=521.370 Y=4.741.686

ME

-

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Rois deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade aos que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Rois, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de novembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade