Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47704

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública dos expedientes de ordes de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcelas de propietarios descoñecidos (expediente 1458/2019 e un máis).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non se poderen efectuar as notificacións ao tratarse de propietarios descoñecidos, fanse públicas as notificacións de trámite de audiencia no procedemento de execución forzosa, mediante execución subsidiaria polo Concello, para comparecencia das persoas interesadas.

Nº expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Localización da parcela

864/2019

Execución subsidiaria polo Concello da xestión da biomasa vexetal de parcela e retirada das especies arbóreas prohibidas.

Liquid. provisional dos traballos 3.545,30 €.

Descoñecido

36005A042001550000TO na Requeixada, Nartallo, Santo André de Cesar

1458/2019

Execución subsidiaria polo Concello da xestión da biomasa vexetal de parcela e retirada das especies arbóreas prohibidas.

Liquid. provisional dos traballos 1.391,50 €.

Descoñecido

36005B518220250000ZH sita en Gundiñáns-Saiar

As persoas interesadas interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para examinaren o expediente no Departamento de Urbanismo do Concello de Caldas de Reis, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e, de ser o caso, para presentaren alegacións ou calquera escrito en defensa dos seus intereses.

Contra este acto, por tratarse dun acto de trámite, non cabe recurso.

Caldas de Reis, 13 de novembro de 2020

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente