Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de orde de execución de limpeza de leiras (expediente Gestiona 43/2020).

Ditada orde de execución para a xestión da biomasa en determinadas parcelas do polígono 3 de Barcelos, parroquia de Mougás, Oia, e resultando descoñecido o titular da parcela 49 (ref. catastral 36036A003000490000QP) e imposible notificar o titular da parcela 50 (ref. catastral 36036A003000500000QG), en aplicación do disposto no artigo 22 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación de referencia de expediente e referencia catastral da parcela afectada, a fin de poder continuar o procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados frente a incendios forestais, en caso de incumprimento das ordes ditadas, contra os responsables, advertindo de execución subsidiaria á conta do interesado conforme o disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución atópase ao dispor dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Interesado

Referencia catastral/polígono e parcela/lugar

413/2020

En investigación

36036A003000490000QP

Parcela 49-polígono 3

Barcelos, Mougás, Oia

413/2020

Notificación infrutuosa a

Pío Fernando Villar Villar

36036A003000500000QG

Parcela 50-polígono 3

Barcelos, Mougás, Oia.

En todo caso, o cómputo dos prazos comenzarase a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 18 de novembro de 2020

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa