Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 2 de decembro de 2020 Páx. 47703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 24 de setembro do 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto do Vicedo, por parte da Confraría de Pescadores do Vicedo, para a ocupación de instalacións portuarias con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa.

A persoa con DNI 79327417A, en calidade de patrón maior da Confraría de Pescadores do Vicedo, solicita unha concesión administrativa para ocupación de instalacións portuarias con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa no porto do Vicedo.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 24 de setembro do 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte