Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para seren notificadas (logo de obtención de cita chamando ao teléfono número 981 54 65 06) no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2020

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Ioana Pérez Núñez

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Manuel Salvador Córdova Alayo

Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios

Mª Gracia Gómez Gude

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Carlos Ojea Bermúdez

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Emilio Pardo Crespo

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)

Ana Isabel Taboada Rico

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo)