Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 1 de decembro de 2020 Páx. 47530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ACORDO do 14 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptados pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsa concedida, identificada no anexo desta resolución.

Segundo. Pór a disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, situada na rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empregabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 14 de outubro de 2020

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado

Importe

Curso

Causa

Miralles Casar, Pau

607,00 €

2018/19

7.26