Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47167

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4711/2019 CRS).

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 4711/2019 desta sección, seguido por instancia de Roberto Rial Guisande e Granitos Gondomar, S.L. contra Reale Seguros Generales, S.A., Granitos y Canteras Miñor, S.A., Prefabricados Luis Barros, S.L., Mapfre España, S.A., Axa Seguros Generales, S.A., Arquiedra, S.A., Granitos Mopelo, S.L., Artesanía Sestelo, S.L., sobre outros dereitos Seg. social, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Roberto Rial Guisande e estimando o interposto pola empresa Granitos Gondomar, S.L., contra a sentenza do 15 de abril de 2019, ditada polo Xulgado do Social número 4 de Vigo, en proceso seguido por instancia de Roberto Rial Guisande fronte ás empresas Reale Seguros, Axa, Mapfre Compañía de Seguros, Arquiedra, S.A., Prefabricados y Hormigones Luis Barros, S.L., Granitos y Canteras Miñor, S.A., Artesanía Sestelo, S.L., Granitos Gondomar, S.L. e Construcciones Mopelo, S.L., debemos revogar e revogamos parcialmente a dita sentenza, absolvemos a empresa Granitos Gondomar, S.L., deixando sen efecto a condena imposta, e mantemos o resto de pronunciamentos da resolución de instancia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Arquiedra, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza