Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT parque eólico Pena Forcada, no concello de Zas (expediente IN407A 2016/877-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, e que terá lugar nas oficinas da casa do concello.
A Coruña, 17 de novembro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2016/877-1.
Entidade beneficiaria: Naturgy Renovables, S.L.U.
Denominación da instalación: LAT parque eólico Pena Forcada.
Concello: Zas.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
203 |
Zas |
Carmen Insua Muñiz |
15.12.2020 |
10.20 |