Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 10 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia para os efectos do coñecemento da Resolución do 23 de outubro de 2020.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación obxecto deste anuncio ao DNI 35280667R, na forma prevista nos artigos 41 e 42 do citado texto legal, publícase a indicación do dito acto administrativo, por entender que a súa publicación íntegra podería lesionar dereitos e intereses lexítimos.

A persoa interesada que se cita, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. A comparecencia efectuarase en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da comparecencia ou, transcorrido o dito prazo sen efectuarse esta, desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra a resolución que se notifica non cabe interpoñer ningún recurso, aínda que o interesado, conforme o previsto no artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderá realizar alegacións para opoñerse a ela, sen prexuízo da posibilidade de recorrer contra a resolución que poña fin a este procedemento.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Acto de notificación: resolución da Dirección Xeral de Xustiza.

Data da resolución: 23 de outubro de 2020.

Interesado: DNI 35280667R.