Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 17 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2017/46-1, no concello de Zas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT parque eólico Mouriños, no concello de Zas (expediente IN407A 2017/46-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla, e que terá lugar nas oficinas da casa do concello.

A Coruña, 17 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/46-1.

Entidade beneficiaria: Naturgy Wind, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT parque eólico Mouriños.

Concello: Zas.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Zas

Carmen Insua Muñiz

15.12.2020

10.20