Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47112

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020 pola que se modifica a Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A) (Diario Oficial de Galicia número 173, do 27 de agosto).

O 27 de agosto de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Os proxectos para financiar, que deberán estar en liña coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da Industria 4.0, teñen un carácter tractor e dinamizador da economía galega e implican na súa execución a diferentes axentes do sistema I+D+i, polo que na situación económica actual, poden contribuír á reactivación da economía tras a pandemia de COVID-19.

Pechado o prazo de presentación de solicitudes, compróbase que o número de solicitudes recibidas e o importe da axuda solicitado excede o dobre do crédito dispoñible. Neste contexto, e dispoñendo Gain de créditos non previstos no momento de elaboración da convocatoria, considérase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, o que permitirá atender un maior número de solicitudes. Esta ampliación, non prevista nas bases reguladoras, implica abrir un novo período de presentación de solicitudes para garantir que non se produce un prexuízo a terceiros interesados.

Por outra banda, á vista das consultas formuladas en relación cos requisitos que deben reunir as empresas para ser consideradas integrantes do sector industrial, é necesario modificar o artigo 4, ampliando o ámbito subxectivo de aplicación das bases reguladoras, para os efectos de incluír entre as posibles beneficiarias as empresas que desenvolvan a súa actividade naqueles sectores da nova industria previstos na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Modificación da Resolución do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria) e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A)

Un. Modifícase o número 1 do artigo 4. Beneficiarios, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, que dispoñan dun establecemento legalmente constituído, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución.

As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2.

b) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, así como daqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación.

c) Agrupacións entre unha grande empresa e unha ou varias pemes que, en ambos os casos, deberán pertencer ao sector industrial, ou a aqueles sectores, industriais ou de servizos, definidos como «nova industria» na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0

Dous. Modifícase o punto 7 do artigo 6. Características dos proxectos, que queda redactado nos seguintes termos:

«7. A duración dos proxectos estenderase ata o 30 de abril de 2023».

Tres. Modifícase o número 1 do artigo 8. Financiamento, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo.

Eixe

OE

Beneficiarios

Aplicación

2020

2021

2022

2023

Total

01

1.2.1

Grandes empresas

09.A3.561A.770.0 (CP:2018.003)

350.000 €

8.000.000 €

4.000.000 €

800.000€

13.150.000 €

01

1.2.1

Pemes

09.A3.561A.770.0 (CP:2018.002)

100.000 €

2.000.000 €

1.000.000 €

350.000 €

3.450.000 €

01

1.2.1

Organismos de investigación privados

09.A3.561A.781.0 (CP:2018.006)

50.000 €

1.500.000 €

1.500.000 €

350.000 €

3.400.000 €

01

1.2.1

Organismos de investigación públicos

09.A3.561A.744.0 (CP:2018.005)

0

500.000 €

250.000 €

250.000 €

1.000.000 €

Total

500.000 €

12.000.000 €

6.750.000 €

1.750.000 €

21.000.000 €

...».

Catro. Modifícase o número 2 do artigo 41. Xustificación da subvención, que queda redactado nos seguintes termos:

«2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión de facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de decembro de 2021.

Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2022 ata o 31 de outubro de 2022.

Terceira anualidade: desde o 1 de novembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade: ata o 31 de marzo de 2022.

Segunda anualidade: ata o 15 de novembro de 2022.

Terceira anualidade: 15 de maio de 2023».

Cinco. Modifícase o número 2 do artigo 44. Pago, que queda redactado nos seguintes termos:

«2. Pagamentos anticipados:

Poderanse tramitar pagamentos anticipados das anualidades correspondentes aos anos 2021 e 2022 sen superar o 65 % da subvención total concedida. A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 2. Prazo das solicitudes

Ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes que será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación