Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46363

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 74/2020)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despido/cesamentos en xeral 74/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Castro Míguez contra Asociación Thaismon, Barti Servicios 2009, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Tense a María Jesús Castro Míguez por desistida da demanda de despedimento establecida fronte a Asociación Thaismon e decrétase o arquivo do proceso respecto da dita demandada.

Que estimando substancialmente a demanda interposta por María Jesús Castro Míguez contra Barti Servicios 2009, S.L., Filomena Casal Gómez como administradora concursal de Barti Servicios 2009, S.L., e contra o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil Barti Servicios 2009, S.L. con data de efectos o día 5 de xaneiro de 2020 e, non sendo realizable a readmisión da traballadora demandante, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre a demandante e a mercantil demandada.

2. Debo condenar e condeno a mercantil Barti Servicios 2009, S.L. a estar e pasar pola anterior declaración e a que lle aboe á demandante a suma de 3.138,32 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución e a suma de 10.698 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se é o caso, procedan respecto da dita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación da demandante noutro emprego, se é o caso, durante o dito período de salarios de tramitación e en función do salario que, se é o caso, estea a percibir no seu novo emprego.

3. Debo condenar e condeno a Filomena Casal Gómez como administradora concursal de Barti Servicios 2009, S.L., na súa soa condición de tal, a estar e pasar polas anteriores declaracións e condena da mercantil concursada.

4. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa se deberá estar ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e o asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Barti Servicios 2009, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza