Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46286

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 13 de novembro de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda.

Por Orde do 25 de outubro de 2019 autorízase a apertura e funcionamento temporal do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda, para impartir as ensinanzas de nivel Pre-School Section e o nivel Elementary Section do sistema educativo dos Estados Unidos de América.

A representante da titularidade do centro solicita unha prórroga da autorización temporal e achega un certificado de renovación da elixibilidade de data 21 de agosto de 2020, válido ata o 31 de agosto de 2021, emitido pola New England Association of Schools & Colleges/Commission on International Education (NEASC/CIE) autorizando as seccións do nivel de Pre-School Section (de 3 a 6 anos), que se corresponde co segundo ciclo da educación infantil do sistema educativo de España, para un máximo de 20 estudantes e do nivel Elementary Section (de 6 a 12 anos), que se corresponde coa etapa de educación primaria, para un máximo de 16 estudantes.

Logo da tramitación do expediente de acordo ao establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre centros docentes estranxeiros en España, así como no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización do centro

Prorrogar a autorización temporal do centro privado estranxeiro Semente Trasancos, de Neda, para impartir as ensinanzas de Pre-School Section (de 3 a 6 anos de idade) e as de Elementary Section (de 6 a 12 anos) do sistema educativo dos Estados Unidos de América.

Os datos do centro son os que se detallan a seguir:

– Denominación xenérica: Centro privado estranxeiro (CPREX).

– Denominación específica: Semente Trasancos.

– Código do centro: 15033216.

– Enderezo: Aldea Roxal, 36.

– Código postal: 15510.

– Localidade: Neda (San Nicolás).

– Concello: Neda.

– Provincia: A Coruña.

– Titular: Asocación Semente Trasancos.

– Ensinanzas que se autorizan con carácter temporal do sistema educativo dos Estados Unidos de América:

• Pre-School Section para un máximo de 20 estudantes.

• Elementary Section para un máximo de 16 estudantes.

– Alumnado: español e estranxeiro.

Artigo 2. Ensinanzas de lingua e cultura

O centro deberá complementar as ensinanzas autorizadas, de niveis equivalentes aos obrigatorios do sistema educativo español con ensinanzas de lingua española e de lingua galega, que deberán impartirse co mesmo deseño e horario establecidos nos correspondentes decretos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a cultura española deberá desenvolver os contidos esenciais da correspondente área de coñecemento, recollidos na norma reguladora das ensinanzas.

Artigo 3. Requisitos do profesorado

O profesorado que imparta as ensinanzas mencionadas no artigo 2 deberá reunir os requisitos de titulación requiridos pola lexislación española para o nivel educativo, e terá os dereitos e obrigas que determina o artigo 12 do Real decreto 806/1993, de 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta estas materias.

Artigo 4. Validez da prórroga e da autorización temporal

A prórroga e a autorización temporal que se citan no artigo 1, terán validez ata o 31 de agosto de 2021, conforme o certificado emitido pola New England Association of Schools & Colleges. A partir desta data, a autorización dependerá dunha nova inspección dos servizos da Embaixada dos Estados Unidos de América.

Artigo 5. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6. Obrigas do centro

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade