Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 26 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá a coñecer a solicitude de declaración da condición mineral natural da sondaxe S-8 sita no lugar de Val de Lobos, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense.

A Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense dá a coñecer que, o día 30 de setembro de 2020, a mercantil Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U. solicitou a declaración da condición mineral natural da sondaxe S-8, situada no lugar de Val de Lobos, no termo municipal de Verín, provincia de Ourense, coas seguintes coordenadas ETRS89: X=632.227, Y=4.645.609.

O que se fai público segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineiromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ourense, 26 de outubro de 2020

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigo 62.3)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.