Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46391

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza número 239/2018, do 31 de maio, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 31 de maio de 2018, pronunciou a sentenza número 239/2018, ditada no procedemento ordinario número 4311/2016, interposto por María Alonso García, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Por todo o exposto, en nome do rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador José Martín Guimaraens Martínez, en nome e representación de María Isabel Alonso García; contra a Orde do 11 de abril de 2016 de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal de Muxía.

2. Declarar a nulidade da disposición xeral impugnada.

3. Impoñer o pagamento das costas procesuais á parte demandada e codemandada dentro do límite total de 1.500 euros».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo