Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46189

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 353/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 353/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús López Porca contra Corporación Gallega Zeus Oil, S.L., sendo parte o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza número 294/2020 con data do 27.10.2020, estimando a demanda, e contra a que non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Corporación Gallega Zeus Oil, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza