Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1140/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1140/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raquel Ferreiro García contra Segur 10 Vigilancia, S.A., Fogasa, Administración Concursal de Segur 10 Vigilancia, S.A. (Roberto Iker Aldea Gil de Gómez), sobre ordinario, se ditou Sentenza 292/2020 con data do 27.10.2020, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Segur 10 Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza