Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de incoación de expedientes para a limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, procédese á publicación de expedientes incoados e referencias catastrais de tres parcelas en situación de risco de incendio, das cales non se ten constancia dos titulares catastrais, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, advertindo expresamente de execución subsidiaria por parte do concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro das resolucións de incoación dos expedientes atópanse á disposición dos interesados no Concello da Guarda.

Expediente

Referencia catastral

Polígono-Parcela-Lugar

Interesado

2208/2020

36023A034004180000UB

Polígono 34-Parcela 418

Couto-Camposancos

Titular descoñecido-En investigación

2197/2020

36023A034004200000UA

Polígono 34-Parcela 420

Couto-Camposancos

Titular descoñecido-En investigación

2381/2020

36023A034004230000UG

Polígono 34-Parcela 423

Couto-Camposancos

Titular descoñecido-En investigación

O cómputo dos prazos comezará a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado. Os interesados dispoñen de dez (10) días hábiles, contados desde a data indicada, para alegar o que ao seu dereito conveña e incorporar ao expediente administrativo cantos documentos e xustificacións consideren pertinentes.

A Guarda, 30 de octubre de 2020

Antonio Lomba Baz
Alcalde