Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de corrección de erro.

Mediante resolución da Alcaldía do 12 de maio do actual ano aprobouse a oferta de emprego para 2020 e publicouse no BOP núm. 114, do 20 de maio, e no DOG núm. 108, do 4 de xuño, así como na sede electrónica do concello.

No referente á praza de persoal laboral de axente de emprego e desenvolvemento local, advertiuse un erro material no referido ao nivel de titulación, xa que onde di: grao ou equivalente, debe dicir: grao, diplomatura ou equivalente.

Mediante resolución da Alcaldía do 26 de outubro do actual ano procedeuse á súa corrección de conformidade co disposto no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e ordenouse a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do concello.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos.

Friol, 26 de outubro de 2020

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde