Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle do cuarteirón M-7 do Plan parcial do sector SUP 1-R, en Perillo.

Expediente FG nº 651.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2020004673, do 11 de novembro de 2020, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle do cuarteirón M-7 do Plan parcial de ordenación do sector SUP 1-R Carballido, Perillo (documento R.E. número 2020014496 do 26.10.2020).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 12 de novembro de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente