Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45763

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos

EDICTO (170/2019).

Eu, Sonia María Espiñeira Vilariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, dou fe de que no procedemento de familia garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial (F02) número 170/2019, seguido ante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Monforte de Lemos, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva desta son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Monforte de Lemos, 1 de outubro de 2020.

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta localidade, os presentes autos de medidas paternofiliais 170/2019 seguidos ante este xulgado por instancia de María del Carmen Pardo Saco, representada pola procuradora Sra. González de la Fuente e asistida polo letrado Sr. Pavón Álvarez, fronte a Rodrigo Rodrigues Farias e coa asistencia do Ministerio Fiscal.

Resolución estímase a demanda interposta por María del Carmen Pardo Saco, representada pola procuradora Sra. González de la Fuente e asistida polo letrado Sr. Pavón Álvarez, fronte a Rodrigo Rodrigues Farias e coa asistencia do Ministerio Fiscal. En consecuencia, prívase totalmente a Rodrigo Rodrigues Farias da patria potestade da menor Laira María Rodrigues Pardo, a cal queda atribuída á nai e demandante, María del Carmen Pardo Saco.

Sen expreso pronunciamento en canto a custas. Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte (20) días, por escrito e expresando os motivos polos que se impugna nos termos dispostos nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil. Para o que deberá terse en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Notifíquese esta sentenza ás partes e ao Ministerio Fiscal, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño suficiente nos autos. Unha vez que sexa firme esta sentenza, dedúzase testemuño e notifíquese ao rexistro civil oportuno para as anotacións correspondentes, conforme o disposto no fundamento de dereito quinto desta resolución.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Rodrigo Rodrigues Farias, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Monforte de Lemos, 20 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza