Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (465/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 465/2020 deste xulgado do social, se ditou sentenza e que se pode interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, facéndollelo saber aos interesados, que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en forma legal a Pronored, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza