Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 29 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2019/108-1).

Expediente: IN407A 2019/108-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 do proxecto LMT, CT e RBT Vilar-San Mateo.

Concello: Narón.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 552 m, coa orixe no apoio nº 43-A10 existente da LMT SMR711 (expediente 27.047), no tramo da derivada ao CT Confurco (expediente 47/03), condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no CT Vilar (proxectado).

Centro de transformación intemperie Vilar, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello de Narón. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte?content=expediente_0046.html

A Coruña, 29 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Disposición transitoria terceira Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.

Anexo

Expediente: IN407A 2019/108-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 do proxecto LMT, CT e RBT Vilar-San Mateo.

Concello: Narón.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Pillueiro.

Cultivo: labor.

Propietarios: hdros. de Edelmiro Díaz Gato.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 9.

– Superficie de servidume aérea en m2: 111.

Número de predio: 2.

Lugar: Pillueiro.

Cultivo: labor.

Propietaria: María Teresa Yáñez Martín.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio número 1.

– 2 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 20.

– Superficie de servidume aérea en m2: 218.

Número de predio: 4.

Lugar: Pillueiro.

Cultivo: labor.

Propietario: José Luís Esperante Basanta.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Superficie de servidume aérea en m2: 41.

Número de predio: 5.

Lugar: Pillueiro.

Cultivo: labor.

Propietaria: Pura Doce Grandal.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Superficie de servidume aérea en m2: 39.

Número de predio: 7.

Lugar: Pillueiro.

Cultivo: prado.

Propietarios: hdros. Manuel Díaz Doce.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 15.

– Superficie de servidume aérea en m2: 224.

Número de predio: 8.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: prado.

Propietario: Santiago Lorenzo Díaz.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 35.

– Superficie de servidume aérea en m2: 444.

Número de predio: 9.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: labor.

Propietaria: Manuela Montero López.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 18.

– Superficie de servidume aérea en m2: 182.

Número de predio: 10.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: labor.

Propietaria: Josefa Fernández Santiago.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 11.

– Superficie de servidume aérea en m2: 339.

Número de predio: 11.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: eucaliptos.

Propietaria: Amelia Pérez Dopico.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Superficie de servidume aérea en m2: 89.

Número de predio: 13.

Lugar: Calliqueira.

Cultivo: prado.

Propietaria: Josefa Lorenzo Díaz.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio número 2.

– 2 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 64.

– Superficie de servidume aérea en m2: 906.

Número de predio: 14.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: labor.

Propietaria: María del Carmen Díaz Bouza.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Superficie de servidume aérea en m2: 96.

Número de predio: 15.

Lugar: Calliqueira.

Cultivo: prado.

Propietarios: Emilio Naveiras Blanco y esposa.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 52.

– Superficie de servidume aérea en m2: 816.

Número de predio: 16.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: prado.

Propietario: Andrés Mosquera López.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 10.

– Superficie de servidume aérea en m2: 132.

Número de predio: 17.

Lugar: Agrelo.

Cultivo: prado.

Propietario: José Antonio Puentes Pérez.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 16.

– Superficie de servidume aérea en m2: 256.

Número de predio: 27.

Lugar: Pena Longa.

Cultivo: monte baixo.

Propietaria: Consellería del Medio Rural-Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña.

Afección de solo en pleno dominio.

– Apoio número ½ 6 - centro transformación.

– 5 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Lonxitude da servidume aérea en metros lineais: 5.

– Superficie de servidume aérea en m2: 174.