Expediente: IN407A 2019/182-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CTC e RBTS Covas-Pumariño.
Concello: Ames.
Características técnicas:
Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 40 m, coa orixe no apoio D49-3 de RAMT SNT821, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final no CT proxectado Covas-Pumariño.
Centro de transformación prefabricado Covas-Pumariño, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.
Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello de Ames. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte?content=expediente_0046.html
A Coruña, 29 de outubro de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
Disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
ANEXO
Expediente: IN407A 2019/182-1.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTS, CTC e RBTS Covas-Pumariño.
Concello: Ames.
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:
Número de predio: 2.
Lugar: Igrexa.
Cultivo: Prado.
Propietaria: Hros. Dolores Búa Rodríguez.
Afección de solo en pleno dominio.
– Centro de transformación.
– 16,81 m2.
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:
– Lonxitude da servidume soterrada en metros lineais: 16.
– Superficie de servidume soterrada en m2: 66.