Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de novembro de 2020 pola que se fai pública a resolución do procedemento de incautación da embarcación Malaspina, con matrícula 3ª-VI-4-5684, varada en estado de abandono no porto de Cariño.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que lles sirva de notificación a posibles herdeiros ou herdeiras do propietario e, de ser o caso, a persoas físicas e/ou xurídicas que acrediten dereitos e/ou intereses lexítimos, faise público, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, esta resolución que declara a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Malaspina, con matrícula 3ª-VI-4-5684, varada en estado de abandono no porto de Cariño (A Coruña).

O inicio do procedemento de incautación, notificado á Mariña Mercante, intentouse notificar ao propietario da embarcación, Ignacio Najib Vázquez González, nos dous enderezos que constan no expediente, e foron devoltas polo servizo de Correos coa mención ao falecemento desta persoa. Non obstante, o acordo de iniciación publicouse no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, sen que ningún herdeiro ou herdeira do propietario ou calquera persoa física ou xurídica con dereitos e/ou intereses lexítimos sobre a embarcación formulase ningunha alegación.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Esta resolución emítese con base no establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, vista a proposta de resolución emitida polo instrutor, por encontrarse a embarcación de referencia varada no porto de Cariño en estado de completo abandono desde hai cinco (5) anos sen aboarse as taxas que foron liquidadas.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia poderá vender a embarcación ou trasladala a vertedoiro autorizado no caso de se considerar que carece de valor.

Esta resolución emítea a presidenta de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Para o seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, na praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia